O DEPOR COMEZA HOXE A “FASE 3” DA LIGA CON ADESTRAMENTOS EN GRUPOS DE 10 E INCORPORA O FABRILISTA ÁLEX COBO.

Vicente Gómez durante o derradeiro adestramento.

 

O Depor estrea hoxe a Fase 3 do protocolo de volta aos adestramentos da LFP.

Nesta fase están permitidos os adestramentos en 3 grupos dun máximo de 10 xogadores. Así pois, os técnicos branquiazuis estableceron mañá 3 quendas de adestramento pola mañá (09:30, 10:40 e 11:45) e outras 3 pola tarde (17:30, 18:30 e 19:30), pois está previsto dobre quenda de traballo. Os futbolistas non poderán utilizar os vestiarios e si o ximnasio; e accederán á Cidade Deportiva a unha zona do aparcadoiro especialmente reservada para cada un dos grupos. O xogadores poderán recibir charlas técnicas de Fernando Vázquez, en todo momento ao aire libre.

Destacar que dende hoxe incorpórase os adestramentos co equipo o porteiro fabrilista, Álex Cobo, un reforzo máis habida conta de que o Fabril xa acabou a tempada.

 

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies