O DEPOR COMEZA A ADESTRAR EN GRUPO SABENDO AS DATAS E HORARIOS DOS DOUS PRÓXIMOS ENCONTROS.

Esto é o que lle queda por diante o Depor.

 

A LFP fixo públicos os horarios das dúas primeiras xornadas pendentes após o parón da competición o pasado mes de marzo. O Deportivo recibirá ao Real Sporting o domingo 14 de xuño ás 17:00 horas en Riazor, coas cámaras de Gol TV como testemuña, e visitará ao Real Oviedo no Novo Carlos Tartiere o mércores 17 ás 19:30 horas. O partido será retransmitido en directo por #Vamos.

O equipo branquiazul ao igual cos seus rivais comezan hoxe os adestramentos en conxunto, será unha semana clave para Fernando Vázquez que ten esta semana con todos 7 adestramentos, con sesión dobre o mércores.

Lamentar e darlle o noso pésame a familiares do pasamento do ex masaxista do RC Deportivo, Antonio Segade, que traballou no clube nos anos nos que fomos campións de liga, (D.E.P.).

 

Xornada 32

Domingo 14 de xuño

17:00 horas

Estadio de Riazor

Dépor – Real Sporting

Tv : Gol

 

 

Xornada 33

Mércores 17 de xuño

19:30 horas

Novo Carlos Tartiere

Real Oviedo – Dépor

Tv : (#Vamos)

 

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es/LFP/RC Deportivo

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.