O DEPOR APUNTA A ELADY ZORRILLA NA AXENDA DE FUTURIBLES.

 

O extremo esquerdo xienense Elady Zorrilla, (La Puerta de Segura-Jaen, 13/07/1990), de 30 anos recén cumpridos, é un dos que poderían desembarcar no novo proxecto do RC Deportivo. O xogador, que tamén pode xogar en punta, ven de ascender co Cartagena CF a Segunda División, pero a mala relación co adestrador Borja Giménez, fai que o clube non conte con él. A pesares de xogar en banda Elady acadou fai duas tempadas a cifra de 21 tantos, sendo nesa tempada o segundo máximo goleador da 2ªB. Esta pasada tempada só acadou 7, que xa son moitos para un extremo.

Elady foi o xogador mellor pagado da 2ª B, por mor de que seu equipo fíxolle un bo contrato de 200.000 euros anuais, (eso se fala na prensa andaluza), para evitar que llo levasen outros equipos. Un soldo que non sería problema para o Depor, co seguro de descenso que debería recibir, agás que Tebas tamén llo queira quitar para darllo o Fuenlabrada. O impedimento que ten o clube deportivista con Elady Zorrilla é a claúsula de 500.000 euros que ten para poder irse a outro clube. 

Como xa vos falábamos onte nos breves, outro que está preto de asinar é Celso Borges que rescindeu co Goztepe turko.

 

Tódalas novas do RC Deportivo

PREME AQUÍ

-Foto : sportcartagena

-Texto : piratasdemuxia.es