Todo o equipo en pleno manifestouse en Abegondo contra o racismo.
Esta mañán en Abegondo o Depor ao completo, xogadores, técnicos e axudantes, posaron durante un minuto co xeonllo no chan, xesto que se extendeu polo mundo en protesta polo infame asasinato dun policía norteamericano a unha persoa de raza negra ao asfisialo co xeonllo sobre a sua gorxa.
Con esta postura simbólica e co lema : “Na familia #Deportivista, neste equipo, cabemos todos…Unidos por erradicar o que non cabe na sociedade”, o conxunto deportivista quixo así manifestar a sua contra ao racismo. Un equipo o deportivista que conta nas suas filas con Mujaid, Ba, Uche, Koné, e Beaubeu, todos eles de cor.
Un feito o da repulsa o racismo e a xenofobia ao que nos unimos de pleno.
-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.