O Depor afronta esta tarde o primeiro choque dos amigables en Italia.

O Depor afronta esta noite unha nova proba de esixencia na súa pretempada coa visita ao Fiorentina (20.00 horas, TVG e a canle de Youtube do club), no segundo compromiso da súa xira europea.

A expedición branquiazul instalouse en Italia o pasado domingo despois de deixar boas sensacións no empate fronte ao Sankt Pauli, (2-2). Desde entón, o equipo preparou este encontro en terras transalpinas, onde Antonio Hidalgo continúa perfilando un Depor que segue acumulando minutos, automatismos e rodaxe ante rivais de primeiro nivel.

O escenario será o Viola Park, na moderna cidade deportiva da Fiorentina, un complexo inaugurado en 2023 e considerado un dos máis completos do fútbol europeo. O conxunto viola chega á cita tras empatar o pasado sábado fronte ao Real Madrid, (2-2), precisamente o rival que agarda ao Depor o vindeiro mércores no Teresa Herrera, (21:00 horas).

O amigable de Florencia será unha nova oportunidade para que Antonio Hidalgo siga probando variantes e continúe ensamblando unha plantilla con numerosas caras novas antes do comezo da competición oficial. Unha vez rematado o encontro, a expedición deportivista viaxará ata Xénova, onde o sábado pechará a súa xira continental enfrontándose ao Génoa, (20:45 horas), antes de regresar á Coruña para afrontar o Teresa Herrera e encarar a recta final da pretempada e xa enfilar o primeiro encontro de liga que será en Riazor ante o Elxe o luns 17 de agosto a partires das 21:00 horas.

“Angeliño “O Potro” confirmado

Tal e como xa vos informamos onte trala confirmación do clube, Angeliño “O Potro”, (como lle chamaban de neno pola sua velocidade), chegou cedido e xa está concentrado cos compañeiros, tal e copomo xa vos demos conta de toda a información, podes vela PREMENDO AQUÍ.

-Foto :

-Texto : Xosé Búa “Pirata”