O DEPOR AFRONTA A SEMANA PRELIGA CON DÚBIDAS E INCÓGNITAS.

A canteira amosou moi boas maneiras.

 

No día de hoxe retomaba o Depor a derradeira semana de adestramentos preliga coa boa nova da volta o grupo de Yeremay e Paris Adot, que foron baixa nos dous últimos encontros amigables da pretempada. O equipo branquiazul terá cinco adestramentos, (co desta mañán), dous deles en Riazor.

Trala pretempada e o periplo de amigables nos que derrotou a Atlético Arteixo, Bragantino Sub 23, Compostela e Arenteiro e caeu de maneira desilusionante ante o rival de maior potencial, (2-0), a SD Ponferradina principal rival na loita polo ascenso direto dado o músculo que se lle presume ao ser un equipo recén descendido e ca axuda da clausula do descenso.

Son varias as dúbidas que deixou a pretempada e a primeira é o adestrador. Imanol Idiakez non conformou un equipo que dera visos de como comezará na liga en ningún dos encontros, algo o que non estamos avituados. Fixo numerosos trocos en tódolos encontros e non xuntou en ningún aos xogadores que sobre o papel nos parecen os que teñen que marcar diferenzas. O equipo mellorou en altura e iso amosou que estará mellor nas xogadas a balón parado e balóns colgados o área.

En Ponferrada sembrouse unha gran dúbida. A de sempre…como funcionará o equipo fora da casa. Idiakez experimentou cousas “raras” nese encontro e a imaxe foi calcada a dos encontros con Cano no banco, (o maior erro da pasada tempada).

Tivo un papel importante a canteira nesta pretempada con moitos xogadores co primeiro equipo e con Mella, Jairo, Rubén, Diego Gómez e Santamaría amosando que poden estar tranquilamente no primeiro equipo. Se cadra deixome a algún e xa non conto a Yeremay ou Barcia que xa son do primeiro equipo.

Segue a dúbida de si Retuerta e Kuki Zalazar seguirán nas filas do equipo deportivista e  temos as incógnitas como as de saber quenes viran no final de mercado de fichaxes, pois o equipo segue adoecendo dun home orgañizador, que de o derradeiro paso, así coma no extremo dereito e si hai saidas no lateral esquerdo onde quedaría só a peza de Balenziaga e sen un xogador que de o golpe enriba da mesa nos canteiráns nesa posición.

Todo apunta a que a dirección deportiva está a espera dalgún xogador de categoría superior que acabe de decidirse a espera de que lle chegue algunha oferta da sua mesma liga ou superior, así coma de algún descarte de equipos desas ligas. A liga comeza o vindeiro sábado co encontro ante o Rayo Majadahonda en Riazor a partires das 20:30 horas, (18:30 GMT), e son moitas as dúbidas e tamén as incógnitas.

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : RC Deportivo