O DEPOR ABANCA COMEZA MAÑÁN OS ADESTRAMENTOS TRAS DOUS DÍAS DE PROBAS MÉDICAS E O FABRIL ARRANCA HOXE.

O Depor ABANCA acaba as probas físicas e médicas.

O Dépor ABANCA convocou un total de 28 futbolistas para iniciar a pretempada, que escomezou onte cos probas físicas e médicas que se extenderon ata hoxe, para mañán mércores comezar xa en Abegondo os adestramentos baixo a batuta de Fran Alonso.

Entre as convocadas atópanse as novas incorporacións Merle Barth, Sara Extremera, Colette Cavanagh, Espe Pizarro e Olaya, que pasa a formar parte do cadro deportivista en propiedade despois da súa cesión a tempada pasada desde o Real Madrid, do que chegou cedida a xove promesa Marisa García, internacional Sub 17 con España. Marina Artero tamén continúa no equipo, pero sigue como cedida polo Athletic Club.

Ademais, foron chamadas Elena Vázquez e Paula Monteagudo, canteiranas que se incorporan definitivamente ao primeiro equipo, mentres que Lía Muiño e Carlota Sánchez regresan tras as súas respectivas cesións. A convocatoria complétase con outras sete xogadoras da canteira.

Porén, neste primeiro tramo da pretempada non estarán dispoñibles algunhas internacionais : a gardameta Inés Pereira, que será novamente cedida polo Everton e se unirá o 25 de xullo despois da Eurocopa, así como Espe Pizarro e Michi Apóstol, que seguen concentradas coas súas seleccións disputando a Copa América.

O Fabril comeza hoxe

O Fabril pon en marcha a pretempada coa vista posta na súa terceira campaña consecutiva en Segunda Federación.

Os xogadores do equipo filial acudiron este martes á Cidade Deportiva de Abegondo para realizar as habituais probas físicas de inicio de curso.

Este mércores 16 está previsto que se sometan aos recoñecementos médicos correspondentes nas instalacións branquiazuis, baixo a supervisión dos Servizos Médicos do RC Deportivo.

A primeira sesión de adestramento sobre o terreo de xogo terá lugar o xoves 17 a partir das 10:30 horas, dirixida por Manuel Pablo.

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”