Lucas abreu o ano rompendo a porta da Real B duas veces.
O pasado xoves tiña o Depor en fronte o primeiro dos envites vitais que vai ter en este mes de xaneiro do 2024 ca chegada dun dos equipos que ten por enriba na loita por meterse de cheo na loita polo ascenso. Rompeu a primeira porta co duro Real Sociedad e xogando por cuarta vez nesta tempada moito tempo en inferioridade numérica, neste caso foron 31 minutos con un menos, trala expulsión de José Ángel, e ca baixa de Villares por lesión a hora de xogo. A mentalidade do equipo foi excelente axudando todos e sen deixar de buscar o gol que pechase o encontro. Atacou moito a Real que fixo ata 5 trocos en poucos minutos, pero Parreño non tivo que facer nin unha parada salvadora, bastoulle un despexe de puños e estar atento nos balóns colgados, e axudado da contundencia defensiva dos Pablos e o resto do equipo, que cando tivo que xuntar liñas estivo expeditivo e saindo con rápidas contras. Lucas tivo de libre direto o terceiro para pechar o encontro pero topouse cunha extraordinaria parada do meta visitante.
Quedaron os sufridos 3 puntos na casa e xa dende que rematou o encontro a esperar a segunda porta que derribar, a dunha Cultural Leonesa que vai terceira con 34 puntos, 6 máis cos nosos e que ven de reforzarse co ex deportivista Borja Valle.. Os leoneses suman na casa 7 vitorias en 8 encontros. Caeron en liga en 4 ocasións, unha máis cas nosas e suman 4 empates por 8 dos nosos. Namentras que os nosos levan nos derradeiros 7 encontros 4 vitorias e 3 empates, os de León suman 4 vitorias 2 derrotas e un empate. As contas están parexas e veñen dun mal encontro en Teruel, (0-0), no que non mereceron po punto acadado, pero como decíamos o seu forte está no Reino de León, porta que deberá romper o equipo deportivista para seguir escalando, pois é un rival direto na loita polo ascenso, como tamén o será a Ponferradina, (2º), que será o seguinte rival en Riazor, (e que ven de reforzarse co ex deportivista Borja Valle). e o C. Vigo B, (1º), seguinte, e neste caso no seu feudo, para pechar un mes clave.
No Reino de León o Depo restará respaldado por máis de un milleiro de deportivistas que insuflarán alento en pos dunha nova vitoria. A Federación de Peñas xa avisou aos seus peñistas de que ao non chegar para completar o número de entradas solicitadas polas peñas cada unha poderá contar con 11, (por poñer un exemplo a nosa tiña solicitadas 19, e todo socios do clube), namentras o clube abreu unha lista de pre reserva de entradas. As peñas dispoñen de un 40% das entras e o clube dun 60%. Fálase de que as entradas que deu o clube leonés anda en torno as 1200, e que abrirán a zona pegada a afección visitante o prezo de 30 euros, cousa que ainda non nos confirmaron. O prezo do paquete cedido o clube é de 15 euros, por convenio antre clubes, para o campo dos dous nos dous enfrontamentos.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”