O DEPOR 2025/26 BOTA A ANDAR CON PROBAS MÉDICAS E O PRIMEIRO ADESTRAMENTO.

O Dépor bota a andar con probas analíticas e antropométricas pola mañá no Quirón da Coruña e co primeiro adestramento pola tarde en Abegondo.

Foron 31 xogadores os que foron citados no día de hoxe para comezar a pretempada 2025/26. Tras reunirse todos en Abegondo, un grupo de futbolistas quedou nas instalacións da Cidade Deportiva para seren sometidos a valoracións funcionais, medicións antropométricas e revisións a cargo do podólogo do club.

O outro grupo desprazouse ao Hospital QuirónSalud A Coruña, centro médico de referencia do Dépor, para realizárense un electrocardiograma e un ecocardiograma, baixo a supervisión do doutor Fernando García.

Xa pola tarde, a partir das 18:00 horas, terá lugar o primeiro adestramento da pretempada baixo as ordes de Antonio Hidalgo, no campo 2 da Cidade Deportiva de Abegondo.

O equipo adestrará 6 días a semana cos Domingos como día de desxcanso. Serán adestramentos pola mañán, (10:30 horas), en Abegondo e co salvedade dos xoves nos que haberá sesión de mañán e de tarde, (18:00 horas).

Durante as probas médicas tamén se puideron ver as novas vestimentas de adestramento do equipo: camisolas azuis con ombreiros brancos para os xogadores, e brancas con ombreiros azuis para o corpo técnico. Trátase dun cambio con respecto á tempada pasada, cando predominaba o azul escuro con ombreiros vermellos. Tamén muda o escudo e a marca, que pasan do branco ao dourado nesta nova campaña. Destaca unha en azul mariño con unha chuvia branquiazul que a atravesa.

Destacan na lista de 31 xogadores o fabrilista Adrián Guerrero e as dúas novas incorporacións: Lucas Noubi e Arnau Comas.

Tamén chama a atención a ausencia do meta canteirán Alberto Sánchez, terceiro porteiro na pasada tempada, e do retornado Raúl Alcaina. Ambos teñen contrato en vigor, polo que todo apunta a que o club podería estar negociando a súa saída cara a outro destino.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies