Alberto Benito xogou onte no lado dereito trala lesión de Trigueros.
Onte houbo varios intres do xogo que marcaron o devir do encontro. Gran parte dos comentarios dos afeccionados atacabann o lateral dereito, un sitio que xa foi ocupado esta tempada por Trilli, Villares, Alberto Benito, Víctor García e Lapeña.
Perigosamente moitísimos dpos comentarios claman a volta de Trilli, como o salvador, dun equipo, ao que ata o de agora pouco lle hai que reprochar, pero que fai que se cargue o rapáz de 17 anos, cunha tremenda lousa de responsabilidade, que todo o que non sexa chegar e ser o Messi da banda, saberá a pouco.
Onte o choque estivo marcado polo tempraneiro gol de Quiles, e que nas seguintes xogadas, tanto por parte dél, coma de Miku ou Juerguen, non viñese o segundo. Tamén quedou marcado polo esbarón de Triñanes en banda dereita, que lle deixou un pasillo o adversario, para facer o gol da sua vida e o rápido que chegou o segundo. Puido chegarse o descanso co empate, nun testarazo de Miku pegado o pau, pero tamén puido chegar o 3-1, pero as lubas de Mackay voltaron a ser decisivas, para neste caso deixar as espadas no alto.
Na segunda metade, Dami Mori gañoulle a partida táctica a Borja Jiménez, e maniatou a un Depor ao que lle cedeu o balón pero non lle permiteu crear ocasións claras, agás un balón dende a banda de Villares, que Miku diante do meta local, quixo rizar o rizo meténdoa de calcaño, nunha situación inmellorable, que a todas liuces parecía fora de xogo, pero que o colexiado non pitou.
Oxalá volte pronto Trilli, coma os outros lesionados, pero cargarlle a responsabilidade de que é o salvador, dun equipo con 20 profesionais, é totamente esaxerado e desmesurado.
Unha vez máis decir que ambas afección estiveron de “10”..
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia