Xa fai tempo que se ven falando do propio interese de Lucas Pérez por voltar o Depor. O primeiro parecía un bulo, pero co paso dos días converteuse nunha realidade.
Lucas que xa fixo o posible por vir a sua casa cando estaba en Grecia, e conseguiuno, foi parte importante na permanenza do equipo na Primeira, logo foi traspasado o Arsenal deixando 20 millóns de euros na caixa deportivista, para retornar e non conseguir que o equipo non descendese. Desta volta busca un terceiro retorno, apoiandose en que tiña apalabrado co presidente do Cádiz de retornar, namentras que o mandatario andalúz apoiase en que era se o RC Deportivo acadaba o ascenso.
Tira e afroxa, antre uns e outros. O seu adestrador, o ex deportivista Sergio González, considérao peza clave, e a afección gaditana de unllas contra o de Monelos, entendendo que o seu nivel está a ser baixo porque non está centrado no equipo.
Na recámara parece ter Rosende a Xisco, a espera de que se solvente o culebrón. Faltan menos de 3 días para que peche o mercado e o Depor, qiue non solta prenda, precisa pechar a plantilla, sexa con Lucas, ou con outro xogador de talento, pero o tempo vense enriba e cada vez é máis complicado sumar a un xogador importante, dado que as ligas xa están iniciadas.
-Así foi a primeira xornada na 1ª RFEF-
Castilla 2-2 Linense
San Fernando 1-0 Ceuta
Córdoba 4-1 Unionistas
Majadahonda 0-1 Ferrol
Vigo B 1-2 Sanse
Pontevedra 1-1 Alcorcón
Fuenlabrada 2-0 Algeciras
Cultural 0-1 Badajóz
Linares 2-0 Mérida
-Foto e Texto : piratasdemuxia