O CSD CONVOCA A LFP E A RFEF A UNHA XUNTANZA O VINDEIRO XOVES PARA ARRANXAR O PROBLEMA DO CALENDARIO.

 

No día de onte o secretario da RFEF mandáballe unha dura carta a Javier Tebas, dono e señor da Liga, con dereito de facer o que lle pete e ser o máximo culpable do ridículo mundial que está a ofrecer o fútbol español pola sua defensa a ultranza do Fuenlabrada que viaxou a Coruña rompendo tódalas leis e ordenanzas, con contaxiados con COVID-19, unha enorme neglixencia que acabou de redondear o Fuenlabrada, que usando un simil, viaxou con bombas sanitarias, nunha pandemia que xa se levou a 30.000 españois, (DEP), e máis de 800.000 no mundo.

Para Tebas, todo se fixo correcto, e ata a adulteración da Liga, con ata encontros fraudulentos, con tal de que o RC Deportivo xogase ante o equipo madrileño descendido e buscando metelo nos Play-Off e na 1ª División.

Hoxe, por fín!!!, parece que a presidenta do Consello Superior de Deportes, Irene Lozano, apareceu, (ou volveu de vacacións), e mal, tarde e arrastro, manda unha xuntanza antre a RFEF e a LFP, para que se poñan dacordo na confección do calendario, que é altamente ilegal que se faga sen ter resolto o “Caso Fueblabrada”, pois o equipo madrileño con tódalas da lei debería ser descendido e sancionado, ao igual ca Javier Tebas, responsable de todo o que pasou, só pola defensa do clube no que ten intereses. Asimesmo a asquerosa defensa dun clube en detrimento dos outros, sendo todos parte da LFP.

Esta e a carta que mandou Irene Lozano a ambas partes, cada unha direccionada a un estamento :

 

 

-Foto e Texto : CSD/piratasdemuxia.es