A día de hoxe o mellor sitio para os balóns sería no saco esperando tempos mellores.
Cada semana nas diferentes competicións tanto masculinas coma femininas temos noticia de encontros suspendidos, o que da a razón a todos aqueles que auguraban que esto pasaría e que deberían suspenderse as competicións. A intención en principio por parte da RFGF, para o seu funcionamento, era de ir comezando as competicións pouco a pouco segundo avanzase a situación, pero os peores augurios estanse a dar e seguen a contaxiarse cada día milleiros de persoas, e seguen a morrer, (D.E.P.), cada día centos. Houbo xuntanzas telemáticas cos clubes, cartas pedindo a suspensións de numerosos deles, ameazas de descensos de categoría, etc,,,Pero o día a día foi marcando a ruta da situación actual, con moitas ligas sen comezar e dadas pols prpios equipos por finiquitadas ata que haxa unha vacuna efectiva.
As competicións que comezaron, moitas delas da RFEF, e ourtras da RFGF, suman cada día casos de positivos, que a sua vez contaxian a outros, tanto a nivel do seu entorno, coma pro proximidade. A día de hoxe non se permiten xuntanzas nada máis ca de conviventes, nalgúns concellos, ou máximos de 6 persoas notros. Os bares, restaurantes e hoteis, pechados en algúns concellos, e con limitacións do 30 ou o 50% noutros, pero sen embargo permítese que nunha cancha, ou nun terreo de xogo estén en contacto, 10 ou 22 persoas, que se sumamos os trocos e o resto dos dos banquillos suman máis.
Así vai a cousa e se miramos un pouco esta situación, só pola pel de arriba, na Liga Ibedrola o lider Granadilla leva xogados 8 encontros e hai conxuntos que levan 4 e 5, por mor de haber tido positivos moitos dos equipos. Na nosa 3ª División, o Somozas leva disputados 5 encontros, namentras que o Polvorín leva 3, o Bergantiños esta semana anunciou varios positivos. Na Liga Nacional Xuvenil que comezou fai 3 semanas, poñendo como exemplo ao Deportivo B, o clube anunciaba onte que o seu equipo que non xogou a segunda xornada por un positivo no Lalín, esta semana tampouco ía a xogar por un positivo no O Val, o igual que anunciaba que o seu equipo feminino “B”, tampouco xogaría esta semana por un positivo no Valladares. Todos estes positivos son a semente de máis e a incertidume para os que se enfrontaron a eles na semana anterior, en tódolos casos.
O mesmo está pasando na 2ª B, pois dos 102 equipos que a compoñen, son mitísimos os que presentaron positivos. Proximamente estamos a espera de si comeza ou non a Preferente, que se vai a topar cunha situación igual a que estamos ou peor, dado que coñecendo a actitude da nosa sociedade, as datas do Nadal poden ser un paso atrás de xigante. Esperemos que non sexa así e todos nos comportemos como manda a situación que estamos a vivir.
-Foto e Texto : piratasdemuxia