O CORPO TÉCNICO DA SELECCIÓN GALEGA DE AFECCIONADOS, COA MENTE POSTA NA “COPA DAS REXIÓNS UEFA”

Iván Cancela, Marco López “Cantu”, Edu Pérez e Fran Carrillo conforman o corpo técnico da Selección Galega de Afeccionados que disputará a Copa das Rexións UEFA de Seleccións Autonómicas

O staff que lidera Iván Cancela reuniuse recentemente para deseñar a folla de roteiro e de traballo que levará a cabo o combinado autonómico ata esa cita que terá lugar en decembro. O primeiro adestramento terá lugar o día 23

O corpo técnico da Selección Galega de Afeccionados xa traballa coa mente posta na primeira fase da Copa de Rexións UEFA, unha competición na que os nosos buscarán o billete para a seguinte fase xogando como anfitrións nas Rías Baixas.

O staff que lidera Iván Cancela reuniuse recentemente para deseñar a folla de roteiro e de traballo que levará a cabo o combinado autonómico ata esa cita que terá lugar en decembro. Así, e despois de visionar en directo varios encuentos da Terceira División e de dar forma á primeira convocatoria, a seguinte data a ter en conta será o día 23 deste mes de outubro, día elixido polo staff técnico de Galicia para levar a cabo a primeira sesión de adestramento.

Os nosos

Iván Cancela Rodríguez (Anxeriz-Tordoia, 1982) é o novo adestrador da Selección Galega de Afeccionados que no mes de decembro comezará a súa participación na Copa das Rexións UEFA. Residente en Cabana de Bergantiños, casado e con 3 fillos, mestre de profesión e profesor na Escola Galega de Adestradores, toma a testemuña do actual adestrador da UD Extremadura, Manuel Mosquera, coa máxima ilusión e compromiso co fútbol galego.

Cancela, que tamén é o presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola Galega de Adestradores, vestiu as camisolas do Tordoia, Dubra, Santa Comba Chaián e Xallas durante a súa etapa como futbolista. Como adestrador, Iván Cancela dirixiu ao Xallas en dúas etapas, ao Zas, ao Dubra e recentemente ao Sofán.

O seu axudante neste nova andaina será Marco López Rodríguez “Cantu”, un home da máxima confianza do seleccionador. A man dereita de Cancela con Galicia ten 41 anos e naceu en Arteixo hai 41 anos. Como xogador vestiu a camisola do CD Larín, do Xallas e do Sofán. Como adestrador, Marco López “Cantu” estivo moi vencellado á SD Sofán, xa que pasou polas súas categorías infantil e cadete para posteriormente dar o salto ao primeiro equipo, no que primeiro coincidiu con Josito” e Roberto Bermudez “Pirucho” (tempada 16-17) e máis tarde co que agora é seleccionador galego, Iván Cancela.

O adestrador de porteiros desta Selección Galega de Afeccionados é Eduardo Pérez Vázquez. Edu naceu en Escaldes-Engordany (Andorra) o 19 de decembro de 1980. Adestrador de porteiros RFEF e RFGF estivo no Portonovo na tempada 2013/2014 e antes de asinar polo Alondras tamén pasou pola AD Sagrado Corazón.

O encargado da preparación física será Fran Carrillo, Licenciado en CCAFD e Adestrador Nivel 2. Como preparador físico conta cunha conta cunha ampla traxectoria á fronte do traballo físico en clubs como o Pontevedra CF, Novelda CF, Zamora CF, Logroñés CF, RC Celta B, CD Ribadumia e Céltiga CF. 

As sedes galegas : PortonOvo, Vilalonga e Illa de Arousa

PREME AQUÍ, para ver a información.

-Texto : César Méndez, (RFGF)

-Foto : RFGF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.