O sábado o Bergantiños FC B goleaba a un “descoñecido” Mazaricos, (1-7), nun dos dous encontros que foran suspendidos polo temporal da pasada semana na 20ª xornada da 3ª Galega Feminina G2, e o outro era o que enfrontaba o lider, Corme CF e o Noia B, un choque do que se esperaba unha vitoria das costeiras pero topáronse cun Noia moi bo, tal como nos conta o adestrador do equipo cormelán.
CF Noia B 0-0 Corme CF
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF Feminino) : “Partido moi bo de fútbol e bonito de xogar, con dous equipos moi ordeados, intentando propoñer e cun nivel de intensidade alta, donde creo que o resultado fixo xusticia, con duas ou tres ocasions claras por cada equipo que non conseguiríamos ningún dos dous materializar e así rematar co 0-0 final. Desde logo o Noia que nos encontramos para nada é o que reflexa a clasificación, si xogan así todos os partidos teño cero dúbidas que conseguiran sair pronto dos postos de abaixo da clasificación. A pola seguinte final!!”.
CF Noia : Aida, Elena, María, Inés, Daniela, Mar, Uxía, Nerea, Alba e Mariña. Tamén xogaron : Paula, Uxía Maneiro e Noelia.
Corme CF : Belén, Lucía, Laura, Irene, Ana, Natalia (Nerea), Olalla (Candela), Ana (Aroa), Cris, Carla, María (Mónica). Tamé xogou : Salomé.
Goles : 0-0
Árbitro : Mar Thiaw. Non amosou cartóns.
-Foto : Fin Lema
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Rubén Souto