O Corme perde e cede a segunda praza o Volantes

LIGA DA COSTA
-29ª Xornada-

O Volantes celebrou no vestiario a segunda praza.
 
-O Corme perde e cede a segunda praza o Volantes
-O UC Cee acompañará a Louro e Ameixenda a 3ª da Costa-
 
Penúltima xornada da Liga da Costa e tal como decíamos na previa, só quedaba en xogo a loita pola segunda praza e saber se o UC Cee derrotaba ao SCD Buño e tiña opcións a salvar a categoría na derradeira xornada, pero non foi así e os ceenses caeron ante os “oleiros”, (0-1), cun gol de Juan Antelo aos 53 minutos de xogo. Os ceenses caen o “pozo”, onde terán a vindeira tempada derbi co SD Ameixenda, (xa descendido fai meses), e o UD Monte Louro. Ademáis desta loita pola permanenza, nos únicos encontros nos que habían algo en xogo era no Corme CF-SCD Malpica e no CD Baiñas-Volantes de Baño. Xogábanse algo os cormeláns que defendían a segunda praza que da pé a promoción e os de Baño que buscaban o meso obxetivo. Fallaron os do Roncudo ante os malpicáns que non se xogaban nada, (2-3), e non o facían os muradáns que goleaban os baiñeses, que tampouco se xogaban nada, (0-4). Esto fai que agora os rapaces de José Manuel Sil sexan os que suben a segunda praza, que defenderán a vindeira semana na derradeira xornada de liga ante o seu público recibindo a un Muxía CF que fai tempo que baixou os brazos e que onte perdía no seu féudo ante o SD San Lorenzo, (0-1). O Corme CF deberá na derradeira xornada de liga derrotar a domicilio ao SD San Lorenzo e esperar que o Volantes de Baño CF non pase do empate ante os muxiáns..Abre a nova o completo para resultados, clasificacións e outras cousas da liga.
AVISO
Como sabedes por mor de problemas no editor non vos traemos as crónicas como antes. Un problema que imos solucionar traéndovos en uns días a nova web na que estamos a traballar a diario. Disculpade as molestias.
-29ª Xornada-
28/04/2019
 
CF Lira 4-2 UD Monte Louro
UD Cerqueda 3-0 SD Ameixenda
CD Muros 1-0 Sporting Zas
SD Ponteceso 1-0 CF Mazaricos
Corme CF 2-3 SCD Malpica
Muxía CF  0-1 SD San Lorenzo
CD Baiñas 0-4 Volantes de Baño CF 
UC Cee 0-1 SCD Buño
 
 
30ª XORNADA
(Derradeira xornada de liga)
05/05/2019

 

SD Ameixenda – CF Lira
Sporting Zas – UD Cerqueda 
CF Mazaricos – CD Muros
SCD Malpica – SD Ponteceso
SD San Lorenzo – Corme CF 
Volantes de Baño CF – Muxía CF  
SCD Buño  – CD Baiñas   

UD Monte Louro – UC Cee 

 
CLASIFICACIÓN
-TÁBOA DE PICHICHIS-
 
-Alejo, (Corme CF) : 39, (7 de penalti)
-Ángel “Pesco”, (Volantes de Baño CF) : 28, (4 de penalti)

-Pablo Muiño, (CD Baiñas) : 22

-Isma Pedrosa, (CF Mazaricos) : 21, (1 de penalti)
-Brais Cancela, (CD Baiñas) : 19, (3 de penalti)
-Crístian Caamaño, (CF Lira) : 18
-Berto, (Volantes de Baño CF) : 17, (1 de penalti)
-Estéfano, (CF Mazaricos) : 16, (2 de penalti)
-Manu Nogueira, (Muxía CF) : 15.

-Os goles son os recollidos nos actas arbitrais-

++++++++++++++++++++++
 
 

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-