O Concello de Vimianzo propón unha programación para toda a familia no eido dixital denominada #ActívateNaCasa

Castelo dos Moscoso, (Vimianzo).

 

O Concello de Vimianzo pon en marcha unha programación de cultura e deportes para toda a familia no eixo dixital, denominada #ActívateNaCasa.

Nestes intres de confinamento nas casas é moi importante estar activo tanto por saúde como para evadirse polo que propoñemos unha programación deportiva e cultural no eixo dixital dende o luns 30 de marzo ata que remate o estado de alarma.

A programación deportiva,#ActívateDeportes , que se pon en marcha é un adestramento virtual con sesións de pilates e aeróbic para manterse activo e en forma dende a casa. Dende o luns 30 emitiranse ás 11:00 h e ás 17:00h. sesións en streaming na páxina de facebook do Concello de Vimianzo.

A programación cultural, #ActívateCultura, que se pon en marcha son propostas de creatividade, lectura e lecer cultural para toda a familia. Tódolos días subiremos un post con propostas e recomendacións para ocupar o tempo de lecer con actividades de ocio e contidos formativos. Para contribuír a unha participación virtual queremos que nos amosen nas redes eses resultados da súa creatividade.

Outro servizo práctico neste tempo de confinamento é a á biblioteca virtual coa plataforma GaliciaLe, e senón tedes carné de biblioteca poderedes autorexistrarvos para acceder ó servizo de préstamo electrónico. Dende o Concello habilitouse unha ligazón (bánner) na paxina web principal para acceder á biblioteca virtual.

Animádevos a participar !! e polo ben de todos e todas quedemos na casa!! xa falta menos para volver á normalidade.

-Foto Castelo dos Moscoso : Fotopanorama

-Texto : Departamento de información do Concello de Vimianzo.

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies