Trátase dunha iniciativa participativa na que se convida á cidadanía a tomar imaxes desde as súas fiestras e balcóns.
Posteriormente está previsto levar a cabo unha exposición en diversos puntos do municipio.
O Concello de Muxía será o primeiro municipio da Costa da Morte en sumarse ao proxecto ‘Desde mi balcón’ organizado por PhotoEspaña. Trátase dun proxecto participativo no que se convida á cidadanía a tomar instantáneas desde as súas fiestras e balcóns.
Posteriormente, está previsto levar a cabo unha exposición en diversos puntos do municipio. A convocatoria, impulsada por PhotoEspaña, conta coa participación de localidades como Barcelona, Córdoba, Logroño ou Madrid.
En Galicia, polo momento só se sumaron as cidades da Coruña e Vigo, á que habería que engadir agora Muxía, a vila da Costa da Morte. O banco de imaxes conta xa con máis de 24.000 nas contas de Instagram e 11.000 participacións rexistradas no enderezo web.
As persoas interesadas en participar poden utilizar os cancelos #phedesdemibalcón, #PHE20 e #photoespana ata o 17 de maio, seguir á conta @photoespana e completar o rexistro na web www.phe.es. A páxina de PhotoEspaña amosará unha selección diaria das mellores, que posteriormente serán seleccionadas para unha mostra en cada cidade.
Con estas exposicións preténdese dar recoñecemento á cidadanía o seu exemplo e sacrificio nestes momentos. Así, no momento no que se poida volver gozar dos espazos abertos das cidades e as vilas, esta mostra permitirá ás muxiás e muxiáns compartir unha infinidade de perspectivas da nosa contorna.
O alcalde, Iago Toba, amosouse “tremendamente ilusionado por esta iniciativa, xa que será algo que lembraremos sempre. Compartir a mirada de cada quén a través dunha imaxe é un momento finito pero infinito ao mesmo tempo”, comenta o rexedor.
.
.
.
.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Departamento de prensa do Concello de Muxía
www.piratasdemuxia.es está aberto a pubricación de todo o que teña que ver con este duro trance que estamos a vivir coa expansión do COVID-19, que temos que tumbar antre todos. Como xa o fixemos con outros concellos, fose de informacións que concernían ao deporte ou non, podedes mandarnos os vosos procedementos a info@piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.