O Concello de Muxía premiou aos xoves valores do deporte que acadaron fitos importantes a nivel internacional, nacional e galego no 2025.

No día de onte traíamos un avance do acontecido na tarde do “Luns de Pascua” 2026 no Municipal da Arliña co “Memorial Abdoulaye Fal Seck”, coa colaboración ca Asociación Contra o Cancro de Muxía, a primeira na Costa da Morte, e cos recoñecementos a xoves valores do deporte muxián que o ano pasado acadaron fitos de mérito no deporte Internacional, nacional e galego.

Catorce foron os rapaces e rapazas homenaxeados dos que 12 estiveron presentes na entrega que fixeron o alcalde muxián, Javier Sar e a vicealcaldesa Sandra Vilela, co presidente do CF Muxía, Juan José Busto.

Sandra Vilela foi nomeando a tódolos homenaxeados aos que se lles entregou unha placa, e decindo algúns dos fitos que acadaron nos seus deportes que pasaban do futsal ao fútbol e do takewondo o judo.

Tras os catos en memoria de Abdulai, e aos xoves valores muxiáns pasouse a un entretido encontro antre o CF Muxía B e unha Selección de Veteranos do clube. O evento estivo orgañizado polo Concello de Muxía coa colaboración do CF Muxía.

OS GALARDOADOS

1. Oliver Mouzo : Subcampión Galego de Taekwondo
*2. Lucía Pazos : Varias medallas a nivel Galego e Bronce na Supercopa de España de judo 
3. Noa Sambad : Campiona de Galicia e de España de fútbol sala
4. Lola Soneira : Campiona de Galicia e de España de fútbol sala
5. Alejandra García : Campiona de España e de Galicia de fútbol sala
6. Fran Toba : Campión de España e de Galicia de fútbol sala (adestrador)
7. Samuel Méndez : Campión Open Internacional Taekwondo
8. Lucas Toba : Campión Copa da Costa
*9. Pablo Paz : Campión Copa da Costa
10. Eva Lema : Campiona Copa da Costa
11. Yaiza Sar : Campiona Copa da Costa
12. Sheila Rey : Campiona da Costa
13. Antón Pose : Campión da Copa da Costa
14. Raúl Lema : Habitual da Selección Galega e xogador do RC Deportivo e convocado varias veces pola Selección Española de Fútbol.

*Os de asterisco non estiveron presentes.

A nosa máis cordial noraboa a todos eles que levaron e levan o nome de Muxía por tódolos lados e ao máis alto nivel.

 

Oliver Mouzo

Noa Sambad

Lola Soneira

Alejandra García

Fran “Pioto”

Samuel Méndez

Lucas Toba

Eva Lema

Yaiza Sar

Sheila Rey

Antón Pose

Raúl Lema

Campións de liga, Copa de Galicia e Campionas de España co Fisober.

.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”