O Concello de Muxía habilita unha conta para as doazóns aos afectados da DANA en Valencia
Recibiranse doazóns ata o día 15 de Novembro e ditos cartos serán remitimos directamente á Generalitat Valenciana para que sexan eles quen xestionen os recursos económicos atendendo as súas necesidades
O Concello de Muxía habilita unha conta bancaria para todos aqueles que queiran facer doazóns para o afectados pola DANA que asolou a Comunidade Valenciana.
Recibiranse doazóns ata o día 15 de Novembro e despois serán remitidas directamente á Generalitat Valenciana para que sexa esta quen xestione os recursos económicos atendendo ás necesidades que teñan en cada momento.
Muxía foi un pobo que tivo a sorte de recibir a solidariedade de toda España cando viviu a catástrofe do Prestige “e cremos que este é o momento perfecto para devolver todo o cariño recibido e toda a axuda que nos deron pobos coma o de Valencia”.
Por outra banda, o Concello de Muxía e Protección Civil de Muxía puxo a disposición de Emerxencias da Xunta de Galicia bombas de achique e ferramentas para axudar tanto cos traballos de limpeza coma para que desde a comunidade poidan atender aos milleiros de voluntarios que chegan alí e que sairán nos próximos días cara a Valencia.
Desde a propia Generalitat estase pedindo que as aportacións sexan económicas e non axudas de alimentos para que poidan xestionar directamente os recursos aos pobos máis afectados pola DANA. Ademais, deste xeito, “temos a seguridade de que as aportacións chegarán a onde teñen que chegar e non pasará casos coma o da recollida de alimentos de Ucraína que acabaron por podrecer en Muxía dada a complexidade loxística para envialos. O feito de facelo directamente coa Generalitat suporá que sabemos que os recursos chegarán aos afectados”, apuntan desde o Concello.
A Cofradía tamén se une as axudas aos afectados
Na mañán do Domingo o rexidor de Muxía, Javier de Vituco e o Patrón Maior da Cofradía de Pescadores Nosa Señora da Barca de Muxía, mantiveron unha xuntanza cos armadores dos barcos muxiáns, e no día de hoxe era o turno cos percebeiros. O motivo o mesmo, axudar economicamente aos damnificados da DANA sufrida pola Comunitat Valenciana. Moita xente de varios dos pobos desta comunidade estiveron axudando de maneira altruista na costa muxiana cando foi a catástrofe do Prestige e de ven nacidos é ser agradecidos.
O CF Muxía tamén fixo a sua colecta neste eido
Por outra parte tamén o CF Muxía recadou cartos para axudar os afectados pola traxedia en terras valencianas e recadou durante a fin de semana 1000 euros para colaborar na axuda os damnificados.
-Foto e texto : Prensa Concello de Muxía/Xosé Búa “Pirata”

