
O Concello de Muxía habilita os días 18 e 23 de novembro para inscribirse nas actividades de Fútbol Sala, Circuit Training, Spinning e GAP que se levarán a cabo na vila.
Todas estas actividades deportivas darán comezo o vindeiro 25 de novembro.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula no ximnasio municipal, o xoves 18 e o martes 23 de novembro, en horario de 19:00 a 21:30 horas.
-Foto e Texto : Comunicación Concello de Muxía