O Concello de Muxía facilitaralle aos seus maiores equipos para exercitar a parte superior e inferior do corpo

Vista panorámica do Monte Corpiño dende o porto deportivo.

O alcalde, Iago Toba, sinala que “trátase dunha partida de 30 unidades a estrear e poñerémolas á disposición das persoas que o precisen”.

O teléfono para solicitar as máquinas é o 981 74 23 01.

Muxía, 28 de marzo O Concello de Muxía facilitaralle aos seus maiores equipos para exercitar a parte superior e inferior do corpo. O alcalde, Iago Toba, sinala que “se trata dunha partida de 30 unidades a estrear e poñerémolas á disposición das persoas que o precisen”.

O teléfono para solicitar as máquinas é o 981 74 23 01. Operarios municipais analizarán as circunstancias de cada solicitante e deixaranos nas vivendas dos usuarios e usuarias que cumpran as características solicitadas e ata o fin do confinamento.

No caso de haber moita demanda, organizaranse repartos por turnos e será o Concello o que desinfectará as máquinas para destinalas aos novos usuarios. Por outra banda, hoxe tivo lugar unha reunión entre o alcalde, Iago Toba, Protección Civil, e Policía Local. Celebrouse nas instalación de Protección Civil co obxectivo de coordinar as acción a levar a cabo de cara á fin de semana.

Á súa vez, o rexedor muxián tamén participou nunha xuntanza coa empresa de limpeza SYSDEGAL, para definir as accións de desinfección tanto no interior como no exterior do Centro de Saúde de Muxía.

O alcalde, Iago Toba, quixo “agradecer as aportacións dos negocios privados de Muxía para poner en marcha este novo servizo, que nos permitirá faclitarlle aos nosos maiores o benestar físico durante o estado de alarma. Tamén a Protección Civil, Policía Local e SYSDEGAL a cobertura total que imos facer esta fin de semana, como o resto dos días, para facerlle fronte ao coronavirus”, destacou o rexedor.

www.piratasdemuxia.es está aberto a pubricación de todo o que teña que ver con este duro trance que estamos a vivir coa expansión do COVID-19, que temos que tumbar antre todos. Como xa o fixemos con outros concellos, fose de informacións que concernían ao deporte ou non, podedes mandarnos os vosos procedementos a info@piratasdemuxia.es

-Foto e Texto : Departamento de prensa do Concello de Muxía

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies