O CONCELLO DE MUXÍA APROBA MELLORAS NO “MUNICIPAL DA ARLIÑA”, ANTRE AS QUE DESTACA UN NOVO VESTIARIO PARA AS MULLERES.

O Municipal da Arliña vai collendo forma coma un campo envidiable.

 

O Concello de Muxía fíxolle saber ao Muxía CF que se vai a seguir co proxecto de mellora das instalacións deportivas do Municipal da Arliña, ao que na primeira fase levouse a cabo o troco do tepe natural por un artificial de primeira órde, antre outras melloras.

Desta volta dende o consistorio muxián fixéronlle saber ao presidente da entidade muxiana, Juan José Busto que se levará a cabo a construcción duns vestiarios novos, adicados aos equipos femininos, (o Muxía CF ainda non conta con equipo feminino, pero sí veñen rapazas en equipos mixtos); “Insistindo na mensaxe de igualdade no deporte e na sociedade”, dín dende o concello muxián.

Ademáis veranse melloradas a cantina, (nun estado precario), as cubertas e o graderío, antre outras instalacións do recinto deportivo.

Noutro órde de cousas relacionadas co clube, o concello fai responsable ao clube muxián da Escola Deportiva para a cal o consistorio destina 36.000 euros.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Prensa Concello de Muxía/Muxía CF

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies