O CONCELLO DE MUXÍA SUSPENDE AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DESTE DOMINGO NO SEU CONCELLO POLO FORTE TEMPORAL QUE SE ESPERA.

Este Domingo non haberá fútbol na Arliña.


Tal e como vos adiantamos na “AXENDA PIRATA” de todo o fútbol senior as previsións para o vindeiro Domingo son moi malas, polo que o Concello de Muxía decideu suspender toda actividade deportiva no seu teritorio, cousa que xa lle comunicou a RFGF, tras conversa co CF Muxía.

O vindeiro Domingo espérase un día moi desapacible, con forte temporal de vento e chuvia, en especial canto máis arrimado a costa. O forte temporal da madrugada dominical con ventos de suroeste, (SW) de 48 nós, (85 Kms/h), e refachos de 67 nós, (124 Kms/h), dará paso a virazón a oeste-suroeste, (WSW), cunha notable baixada da forza do vento, quedando en torno aos 50 Kms/h, que o achegarse as 13:00 horas voltará a incrementarse notablemente para superar os refachos os 100 Kms/h, e ademáis con forte carga de chuvia e primeiro soprando de suroeste, (SW), para logo picar algo máis do oeste, (W), que afecta moito máis diretamente a costa.

Para os que lles guste o espectáculo das vagas de mar, tanto Domingo, coma luns  e martes as ondas de mar de fondo superarán os 8 metros.

Hoxe a RFGF anunciaba a suspensión das actividades deportivas exteriores e en pechado para o día de hoxe e o máis normal e coherente será a suspensión das do Domingo, pero están por diante as datas para xogar que a seguridade.

 

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies