O Concello de Mazaricos, (vermello) derrotou ao San Xoán.

-Crónicas e resultados dunha completa xornada
e previa dos vindeiros encontros-
-Equipos da Costa da Morte-

 
 Aquí tes todo o que deu de sí a pasada xornada no Tenis de mesa con equipos da Costa da morte involucrados. Unha xornada con 3 vitorias e 2 derrotas dos “nosos/as”. Destacar a vitoria do Concello de Mazaricos que supuxo a permanenza de maneira matemática para a vindeira tempada na 3ª División Nacional, cunminando un excelente primeiro ano na categoría.

3ª división nacional

 San Xoan TM – Concello de Mazaricos  2-4

1ª división galega

 AD Zas Construcciones Cernadas – Arteal Ventanas B   4-1

2ª división galega

 AD Zas Dimobel Bazar Baio – Arteal Promesas      1-4   

 VTM Pinturas Figueiras – Club del Mar Infantil      2-4

 AD Zas O Pînar – Arteal Promesas                        4-2

3 victorias e 2 derrotas é o balance xeral da xornada, e unha das victorias, a do Concello de Mazaricos, era moi esperada pois por fin doulle a permanencia matemática na terceira división nacional nesta primeira experiencia. A victoria de AD Zas Construcciones Cernadas tamén deixou moi bo sabor non pola súa ttranscendencia, se non polo disputados que foron cada un dos puntos. En 2ª galega segue o AD Zas Dimobel Bazar Baio sen levantar cabeza e o VTM Pinturas Figueiras cumpliu no seu enfrentamento con Club del Mar.

Resultados parciais

3ª división nacional

 San Xoan TM – Concello de Mazaricos  2-4

 Luis Marcos – Miguel Rey         0-3

 Fernando García – José Á. Lado  3-0

Antón Casal – Javi Rodríguez        3-0

Dobre (Antón/Fdo) – Miguel/David) 1-3

Fernando García – Miguel Rey       0-3

Luis Marcos – Javi Rodríguez         1-3

Importantísima victoria do Concello de Mazaricos en Ferrol ante o San Xoan, xa lle ganara no encontro de ida 4-3, cos partidos gañados por Miguel Rey que volveu a gañar todos os partidos que xogou e a Javi Rodríguez que tamén no encontro de ida fixera o punto definitivo da victoria ao igual que nnesta ocasión. Non desmerecen os outros dous xogadores, David Vilariiño e José Ángel Lado. que xogaron moi ben sobre todo David que fai moi boa parella con Miguel. Consigue asi o Concello de Mazaricos a permanencia matemáticamente nesta terceira división nacional nun grupo moi igualado donde ata esta xornada habia 6 equipos que podian ocuapr dous postos de descenso do que agora so escapou o equipo mazaricano. Gran temporada de todos os xogadores. Alex Blanco, David Vilariño, Javi Rodríguez e José Ángel Lado entrenados e ditrixidos  por MIguel Rey. Pasar en dous anos de segunda galega a terceira nacional e manterse debe considerarse todo un exitazo. NOraboa ao Concello de Mazaricos

1ª división galega

 AD Zas Construcciones Cernadas – Arteal Ventanas B   4-1

Luis Azevedo  – Javier Darriba    3-2

Raúl López   – Fabián Arnejo       3-1

Miriam Domínguez – Fco Barros  3-0

Dobre(Ana/Miriam) – (Javier/Fabián) 1-3

Luis Azevedo – Fabián Arnejo           3-1

Que encontro mais bonito e competido se puido ver o sábado no ximnasio de Zas, con puntos moi disputados e partidos moi longos: Nos dous primeiros tanto Luis coma Raúl tardaron media hora cada un en gañar aos seus respectivos rivais. Ningún dos dous equipos se xogaba nada mais que a honra da victoria e eso dou renda solta ao bo xogo e a non preocuparse moito de que me pasa se fallo. Se hai que destacar algún set ese foi o segundo entre Raúl e Fabián (17-15) donde Raúl necesitou de 10 bolas para gañalo. Moi ben Luis Azevedo que está facendo un final de temporada magnifico. E resaltar tamén o bo xogo mopstrado por Miriam e Ana no dobre a pesar de non gañalo, serveulles de preparación para os galegos do vindeiro fin de semana.

2ª división galega

AD Zas Dimobel Bazar Baio – Arteal Promesas  1-4

Manuel J. Castro – Millán Darriba     1-3

Víctor Méndez    – Xavi Souto           0-3

José A. Pazos – Jorge Vázquez        3-0

Dobre (Víctor/José A) – (Xavi/Millán) 1-3

Manuel J. Castro – Xavi Souto           0-3

 VTM Pinturas Figueiras – Club del Mar Infantil   4-2

Brais Touriñan – Jiaqi Guo Chen        3-2

Nicolás Paz – Alba Sandá                   1-3

Julio Figueiras – Ada Fernández         3-1

Dobre(Nico/Julio) – (Jiaqi/Alba)           3-1

Nicolás Paz – Jiaqi Guo Chen             2-3

Brais Touriñan – Ada Fernández          3-0

 AD Zas O Pînar – Arteal Promesas  2-4

Laura García – Millán Darriba          3-0

Adrián Levoso – Xavi Souto             0-3

Manuel Barreira- Jorge Vázquez      3-2

Dobre (Laura/Manuel) – (Xavi/Millán) 1-3

Laura García – Xavi Souto                  1-3

Manuel Barreira – Millán Darriba         1-3

Tamén os partidos de segunda galega foron disputados e crearon moi bo ambiente no ximnasio sobre todo ao ver como xogadores benxamíns e alevíns superaban a xogadores veteranos e donde se comprobaba coma neste deporte non influe tanto a idade. Segue o AD Zas Dimobel Bazar Baio sen dar unha a dereitas nas ultimas xornadas como se parecese que se olvidaron de como se xoga ou que están atenazados e mostranse incapaces de resolver situacións moi fáciles. Tamén o VTM Pinturas Figueiras superou ao Club del Mar con mais apuros dos previstos. No AD Zas O Pinar moi ben Laura García, xa recuperada dunha lesión, que superou claramente a Millán pero non puido facer o mesmo ante Xavi.

Próxima semana

O 23 e 24 de marzo son os campionatos galegos alevín e sub23 en Narón polo cal non haberá xornada de liga. A ditos campionatos desprazanse un nutrido grupo de xogadores e xogadoras do AD Zas. En sub23 irán Edu Quintela e Brais Blanco en masculino induvidual e dobres. Ana García, Miriam Domínguez e Maria Castro en Femenino individual, dobres e tamén en equipos. Na categoria alevín desprazanse Lara Romero, Tatiana Recarey e Laura García que tamén competiran en individual, dobres i equipos femeninos.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.esou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-