3ª división nacional
San Xoan TM – Concello de Mazaricos 2-4
1ª división galega
AD Zas Construcciones Cernadas – Arteal Ventanas B 4-1
2ª división galega
AD Zas Dimobel Bazar Baio – Arteal Promesas 1-4
VTM Pinturas Figueiras – Club del Mar Infantil 2-4
AD Zas O Pînar – Arteal Promesas 4-2
3 victorias e 2 derrotas é o balance xeral da xornada, e unha das victorias, a do Concello de Mazaricos, era moi esperada pois por fin doulle a permanencia matemática na terceira división nacional nesta primeira experiencia. A victoria de AD Zas Construcciones Cernadas tamén deixou moi bo sabor non pola súa ttranscendencia, se non polo disputados que foron cada un dos puntos. En 2ª galega segue o AD Zas Dimobel Bazar Baio sen levantar cabeza e o VTM Pinturas Figueiras cumpliu no seu enfrentamento con Club del Mar.
Resultados parciais
3ª división nacional
San Xoan TM – Concello de Mazaricos 2-4
Luis Marcos – Miguel Rey 0-3
Fernando García – José Á. Lado 3-0
Antón Casal – Javi Rodríguez 3-0
Dobre (Antón/Fdo) – Miguel/David) 1-3
Fernando García – Miguel Rey 0-3
Luis Marcos – Javi Rodríguez 1-3
Importantísima victoria do Concello de Mazaricos en Ferrol ante o San Xoan, xa lle ganara no encontro de ida 4-3, cos partidos gañados por Miguel Rey que volveu a gañar todos os partidos que xogou e a Javi Rodríguez que tamén no encontro de ida fixera o punto definitivo da victoria ao igual que nnesta ocasión. Non desmerecen os outros dous xogadores, David Vilariiño e José Ángel Lado. que xogaron moi ben sobre todo David que fai moi boa parella con Miguel. Consigue asi o Concello de Mazaricos a permanencia matemáticamente nesta terceira división nacional nun grupo moi igualado donde ata esta xornada habia 6 equipos que podian ocuapr dous postos de descenso do que agora so escapou o equipo mazaricano. Gran temporada de todos os xogadores. Alex Blanco, David Vilariño, Javi Rodríguez e José Ángel Lado entrenados e ditrixidos por MIguel Rey. Pasar en dous anos de segunda galega a terceira nacional e manterse debe considerarse todo un exitazo. NOraboa ao Concello de Mazaricos
1ª división galega
AD Zas Construcciones Cernadas – Arteal Ventanas B 4-1
Luis Azevedo – Javier Darriba 3-2
Raúl López – Fabián Arnejo 3-1
Miriam Domínguez – Fco Barros 3-0
Dobre(Ana/Miriam) – (Javier/Fabián) 1-3
Luis Azevedo – Fabián Arnejo 3-1
Que encontro mais bonito e competido se puido ver o sábado no ximnasio de Zas, con puntos moi disputados e partidos moi longos: Nos dous primeiros tanto Luis coma Raúl tardaron media hora cada un en gañar aos seus respectivos rivais. Ningún dos dous equipos se xogaba nada mais que a honra da victoria e eso dou renda solta ao bo xogo e a non preocuparse moito de que me pasa se fallo. Se hai que destacar algún set ese foi o segundo entre Raúl e Fabián (17-15) donde Raúl necesitou de 10 bolas para gañalo. Moi ben Luis Azevedo que está facendo un final de temporada magnifico. E resaltar tamén o bo xogo mopstrado por Miriam e Ana no dobre a pesar de non gañalo, serveulles de preparación para os galegos do vindeiro fin de semana.
2ª división galega
AD Zas Dimobel Bazar Baio – Arteal Promesas 1-4
Manuel J. Castro – Millán Darriba 1-3
Víctor Méndez – Xavi Souto 0-3
José A. Pazos – Jorge Vázquez 3-0
Dobre (Víctor/José A) – (Xavi/Millán) 1-3
Manuel J. Castro – Xavi Souto 0-3
VTM Pinturas Figueiras – Club del Mar Infantil 4-2
Brais Touriñan – Jiaqi Guo Chen 3-2
Nicolás Paz – Alba Sandá 1-3
Julio Figueiras – Ada Fernández 3-1
Dobre(Nico/Julio) – (Jiaqi/Alba) 3-1
Nicolás Paz – Jiaqi Guo Chen 2-3
Brais Touriñan – Ada Fernández 3-0
AD Zas O Pînar – Arteal Promesas 2-4
Laura García – Millán Darriba 3-0
Adrián Levoso – Xavi Souto 0-3
Manuel Barreira- Jorge Vázquez 3-2
Dobre (Laura/Manuel) – (Xavi/Millán) 1-3
Laura García – Xavi Souto 1-3
Manuel Barreira – Millán Darriba 1-3
Tamén os partidos de segunda galega foron disputados e crearon moi bo ambiente no ximnasio sobre todo ao ver como xogadores benxamíns e alevíns superaban a xogadores veteranos e donde se comprobaba coma neste deporte non influe tanto a idade. Segue o AD Zas Dimobel Bazar Baio sen dar unha a dereitas nas ultimas xornadas como se parecese que se olvidaron de como se xoga ou que están atenazados e mostranse incapaces de resolver situacións moi fáciles. Tamén o VTM Pinturas Figueiras superou ao Club del Mar con mais apuros dos previstos. No AD Zas O Pinar moi ben Laura García, xa recuperada dunha lesión, que superou claramente a Millán pero non puido facer o mesmo ante Xavi.
Próxima semana
O 23 e 24 de marzo son os campionatos galegos alevín e sub23 en Narón polo cal non haberá xornada de liga. A ditos campionatos desprazanse un nutrido grupo de xogadores e xogadoras do AD Zas. En sub23 irán Edu Quintela e Brais Blanco en masculino induvidual e dobres. Ana García, Miriam Domínguez e Maria Castro en Femenino individual, dobres e tamén en equipos. Na categoria alevín desprazanse Lara Romero, Tatiana Recarey e Laura García que tamén competiran en individual, dobres i equipos femeninos.
+++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-
-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.esou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-