Vista panorámica de Malpica de Bergantiños.
O Concello de Malpica repartirá táboas de exercicios para garantir o benestar físico á poboación máis maior
O Concello de Malpica repartirá táboas de exercicios para garantir o benestar físico á poboación máis maior. A concellería de Deportes habilitou un correo no que se poden solicitar estes documentos: maria.bardanca@mapicadebergantinos.es
Ao longo da semana pasada xa se fixo entrega ás persoas usuarias do servizo “ximnasia terapéutica”, aínda que están pensados para toda a poboación que máis poida sufrir a falta de exercicio físico.
Neste senso, xa se acolleron a esta medida preto de 50 veciñas e veciños. O alcalde de Malpica, Walter Pardo, agradeceu “a boa acollida que tivo esta medida. É moi importante o benestar físico e estamos a disposición das veciñas e veciños para impulsar medidas que o favorezan”, di o rexedor.
-Foto de Malpica : Google IMAGES
-Texto : Departamento de información do Concello de Malpica.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.