O CONCELLO DE MALPICA PROPÓN PARA AGOSTO UN CAMPAMENTO DE PATINAXE.

Rapazas da edición anterior.

 

Malpica propón para agosto un campamento de patinaxe para a rapazada de 3 a 12 anos

A primeira quenda celebrarase do 3 ao 7 de agosto. 

 O Concello de Malpica, a través da concellaría de Deportes, propón para agosto un campamento de patinaxe para a rapazada de 3 a 12 anos. A primeira quenda celebrarase do 3 ao 7 de agosto, e a segunda do 10 ata o 14 do mesmo mes. 

En total, hai dispoñibles 20 prazas, que se poderán formalizar nas oficinas municipais do Concello. Esta actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 13:00 horas, aínda que si é preciso será ampliado de 9:30 a 13:30 horas. 

Gardaranse estritamente todos os protocolos de seguridade e hixiene pertinentes, e haberá a disposición das rapazas e rapaces xel hidroalcólico. 

 

-Foto e Texto :  Departamento de prensa Concello de Malpica

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.