O CONCELLO DE MALPICA CONVIDA A RAPAZADA A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DO “VERÁN NO MAR”.

 

Entre as actividades previstas, estarán as de surf, kaiak e paddle-surf. 

O Concello de Malpica convida á rapazada a ser partícipe nas actividades ‘O verán no mar’, entre as que se destacan o surf, kaiak e paddle-surf. Haberá tres xornadas, que comezarán polo 1, 2 e 3 de xullo. 

Están pensadas para idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos, e haberá dúas quendas, con 10 prazas cada unha, que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición. Esta poderá formalizarse no Concello a partir do xoves, 25 de xuño e ata o xoves da semana anterior á celebración do mesmo. 

Cabe destacar que a segunda quenda terá lugar os días 8,9 e 10 de xullo, e a terceira quenda os días 15,16 e 17 de xullo. Para a realización das actividades seguirase o protocolo específico da COVID-19. 

 

-Foto :  SurfGz.com

-Texto : Comunicación Concello de Malpica

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.