O CONCELLO DE CAMARIÑAS FARASE CARGO DA REPARACIÓN DO CAMPO DO “RODEIRO”, (CAMELLE), MOI AFECTADO POLO DERRADEIRO TEMPORAL.

 

O Campo do “Rodeiro”, (Camelle) é o feudo do SD Camelle, equipo da 3ª Autonómica G4, a que conocemos como 3ª da Costa e no temporal “Fabien” que afectou o noso pais a pasada semana con ventos de máis de 180 Kms/, horas tivo desfeitas en moitos ámbitos e un dos que sufreu a dureza do temporal fpoi o campo camellán ao que o forte vento levoulle a cuberta da grada, que se ateiga cada encontro de afeccionados, así como parte da estructura metálica. Agora mesmo co tepe moi danado polas chuvias, (é de tepe natural), e ca grada desfeita, o equipo camellán posiblemente teña que buscar avío noutros campos para seguir competindo, ainda que os diretivos e o propio pobo están buscando sair do paso, como lles pasou sempre.

Hoxe é un día para sacar un sorriso, hoxe é “Dia dos Santos Inocentes”. Que máis quixeran no humilde SD Camelle que alguén aparecese para meterlles unha man, e non só na reparación da grada debastada polo pasado temporal “Fabián”.

Non é verdade que o Concello de Camariñas vaia a reparar o campo…non te enfades, o dito…SACA UN SORRISO…SANTOS INOCENTES!!!.

 

-Foto : Aluminios Camelle

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.