O COMITÉ DE “PERSECUCIÓN” SANCIONA A FERNANDO VÁZQUEZ CON 4 ENCONTROS MÁIS.

 

O árbitro do Depor-Extremadura recolleu no acta que : “No minuto 25 observei ao adestrador local D. Fernando Vázquez sentado na bancada encima do banco local e dando instrucións en voz en berro aos seus xogadores polo que requirín ao cuarto árbitro que o comunicase ao delegado de campo, realizando dita advertencia nos instantes posteriores. Durante o resto do partido estivo situado no mesmo lugar dando instrucións aos seus xogadores cun comportamento correcto”, unhas manifestacións que o Comité de Competición sancionou con 4 encontros, polo que o técnico deportivista non poderá sentarse no banco ata a 5ª xornada da vindeira tempada, habida conta de que xa ten que cumprir dous máis desta, os que quedan por disputar.

Si temos en conta que as anteriores sancións foron esaxeradas e provocadas por erros groseiros dos colexiados, algo que o comité de Competición non tivo en conta, e que o mesmo que no pasado encontro estivo igual na grada dando instruccións, algo que xa fixeron moitos adestradores que nunca foron sancionados. Todos temos a imaxe de xente coma Cruyff, sentados na grada xusto detrás do banquillo o dirixindo o encontro e nunca pasou nada, tendo en conta todo esto o Comité que é de Competición ou de “persecución”. Non terían que tern en conta as circunstancias que levaron a que esté sancionado e se foron provocadas?.

Aliñación indebida

O Comité de Competición deu de prazo ao Extremadura para que faga alegacións a denuncia do RC Deportivo de aliñación indebida ata ás 14:00 horas de hoxe martes 14 de Xullo.

 

-Fotos e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.