O Comité de Competición sen unanimidade na decisión, decide que se debe xogar o Depor-Fuenlabrada o vindeiro mércores 5 de Agosto ás 20:99 horas, cando fai unha semana e tal como mandan as leis deportivas, por tódalas neglixencias que fixo e tódalas leis que incumpleu deportivas e sanitarias propoñíase darlle o encontro por perdido por 3-0 dadas as infraccións, “moi graves”, segundo o xuiz instructor, e quedando aberto o expediente para outras sancións, que sobre o papel eran o descenso de categoría do equipo madrileño e sanción económica.
Verdadeiramente esto fai tempo que é un ridículo total e só se busca darlle o Play-Off o Fuenlabrada, que coas máquinas da prensa madrileña afín a “familia” Tebas foron vestindo de vítiima a un equipo que xa tería que ser fortemente sancionado fai duas semanas.
COMPETICIÓN AVISA
Competición advirte de que o expediente ao Fuenlabrada proseguirá o seu curso aínda que se celebre o partido. É dicir, está a avisar de que poderá darlle por perdido o partido ao Fuenlabrada, no expediente extraordinario, aínda que o gañe no céspede.
Hoxe, tal como vos informamos, o Depor non se presentou a facer os test PCR, sobre todo porque varios dos xogadores xa se despediron do clube e outros están de vacacións. O Consello de Administración do RC Deportivo convoca para mañán unha rolda de prensa sen horario estabrecido. Podería tomarse a decisión de xogar o encontro baixo mínmos cos xogadores que xunten para evitar un descenso administrativo.
ESCRITO REMITIDO POLO RC DEPORTIVO
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Comité de Competición
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.