O COMITÉ DE COMPETICIÓN DESESTIMA A DENUNCIA DE ALIÑACIÓN INDEBIDA DO BILBAO ATHLETIC A PESARES DE SER FLAGRANTE.

 

Segundo informan varios medios, o Comité de Competición da RFEF dalle a razón ao Bilbao Atlhetic no eido que non cometeu aliñación indebida ante o Depor no encontro xogado fai preto dun mes en Lezama e que acabou con empate a uns, (1-1).

Esto senta un mal precedente, xa que o encontro ante o Extremadura non se xogou, polo que é imposible que cumprisen a sanción por acumulación de partidos os xogadores bilbainos, Diarra e Artola. Tal cual, como se un encontro fose aprazado e os xogadores sancionados de calquer equipo non poderían cumprir a sanción nél. Tanto é así que varios equipos non puxeron a xogar aos seus xogadores sancionados ata o posterior ao que tiñan que xogar cos extremeños, xa que é un equipo expulsado da competición e non hai acta dos encontros eliminados da competición.

Agora o RC Deportivo deberá recurruir ante o Comité de Apelación.

Despois de varias semanas esperando, tardando demáis, a sentenza chega a dous días dunha nova xornada na que o Santander, con esta decisión xa está ascendido, o que axuda ao seu rival desta xornada, que se xoga o Play-Off, ao igual co Depor.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies