O COMITÉ DA RFGF DALLE POR GAÑADO O BERGANTIÑOS FC FEMININO ANTE O FRIOL POR INCOMPARECENZA E PROCLÁMASE CAMPIÓN DO GRUPO 1 DA 1ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL.

O Comité de Competición e Disciplina da RFGF resolve “ter por incomparecido ao PM Friol”, e,  “declara vencedor ao Bergantiños FC por 3-0”. Cos istes 3 puntos o equipo feminino bergantiñán é campión da 1ª Galega Feminina de Fútbol Grupo 1.
Dende o equipo carballés gustaríalles habelo feito no campo coa sua afección : “Mágoa que fose deste xeito e non poder facelo no campo. Grandes as nosas na súa estrea nesta liga”, apúntannos dende o clube de Carballo.
A nosa máis cordial noraboa a tódalas e tódolos que forman o Bergantiños FC Feminino, e o desexo de que tamén acaden o máximo na promoción de ascenso.
-Fotos : Prensa Bergantiños FC 
-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies