O CLUBE QUIXOS DE MONFORTE DE LEMOS, GAÑA NA COPA GALEGA DE PROMOCIÓN EN DUMBRÍA, NA QUE O PURAGUÍSMO DUMBRÚA SUMOU 9 MEDALLAS.

O CDM PIRAGÜISMO DUMBRIA ACADA 9 MEDALLAS, DAS QUE 2 SON DE OURO.

 

Continua a actividade no Campo de Slalom de o Couquiño en Dumbría, sendo agora o turno
dos máis pequenos na Copa Galega de Promoción de Slalom.

74 participantes de clubes de toda a comunidade viñeron dar o mellor deles mesmos nas
augas do rio Xallas nunha tarde veraniega típica de agosto.

Na competición por clubes, o CDM Piragüismo Dumbría non foi quen esta vez de subir ó
podio despois de telo feito nas anteriores competicións de Covas e Monforte, sendo esta
vez o Quixos de Monforte de Lemos quen levou a mellor, seguido de Clube Teixugos de
Goian e do Clube Tea de Mondariz – Balneario.

 

 

Desquitouse o clube local no medallero, con nove preseas, dúas de ouro para Mateo Lado e
Vega Cives, catro de plata para Elena Ínsua, Lucas Alves e Clara Mancebo por partida
doble, e bronces para Yara Lado, Carmen Llaría e Xurxo Lado.

A vindeira proba será o Campionato Galego, que terá lugar a últimos de setembro na vila
pontevedresa de Mondariz.

 

 

Coma sempre, a proba saíu adiante grácias á colaboracion imprescindible do Concello de
Dumbría, da empresa Xeal que aporta o caudal de auga imprescindible para o desenrolo da
proba, e dos veciños de Olveira que ceden as fincas para o facilitar a organización do
evento.

 

-Información : Prensa CDM Piragüismo Dumbría