O CLUB TEA GAÑA A COPA GALEGA DE PROMESAS DO SLALOM EN DUMBRÍA.

O podium da proba dumbriesa.

Tal e como vos contamos na previa, o campo de slálom de “O Cunquiño”, en Dumbría, acolleu este fin de semana a Copa Galega de Promesas de Slálom, unha cita que reuníu ás promesas do slalom galego. Nunha mañán na que a chuvia respetou, mesmo asoando o sol por veces, e cun caudal aportado pola empresa Xeal, nunha semán especialmente complicada a causa do apagón.

Clara Mancebo do equipo dumbriés.

Na clasificación por equipos, a victoria foi para o Club Tea de Mondariz Balneario, que sumóu 171 puntos, apenas cinco máis que o Club de Montaña Quixós (166). O Club Deportivo Miño Os Teixugos completou o podio con 157 puntos, mentras que o Club Piragüismo PenedoTeimporta (61) e o Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría (39) ocuparon a cuarta e
quinta posición respectivamente.

 

Iera Lema, (Piragüismo Dumbría), en plena acción.

En canto á participación dos deportistas costeiros, o club Dumbriés logrou meter a tres dos seus cuatro deportistas participantes nas finais da Copa Galega de Promesas, a cadete Iera Lema e os infantiles Óscar Insua e Clara Mancebo, todos en K1.

 

Óscar Insua, infantil do CDM Piragüismo Dumbría.

A vindeira proba do CDM Piragüismo Dumbría é a Copa de España de Jóvenes Promesas que terá lugar en Calasparra, (Murcia), os vindeiros días 16, 17 e 18 de maio.

A organización da proba celebrada en Dumbría vese na obriga de agradecer á empresa Xeal as xestións realizadas para
poder aportar o caudal á proba, posto que todo se complicou despois do apagón do pasado luns, chegando por momentos incluso a perigar a celebración da mesma.

-Fotos e texto : Prensa CDM Piragïsmo Dumbría