O CLUB SILVA RENOVA A JAVIER BARDANCA QUE SUMARÁ 12 TEMPADAS O FRONTE DO EQUIPO.

 

Segundo nos informan dende o SD Club Silva :

O clube continuará apostando pola estabilidade. O club e Javier Bardanca Ameijidez alcanzaron un acordo para prolongar o vínculo do técnico para a tempada 2021/22, independentemente de que milite en 2ª RFEF, 3ª RFEF ou Preferente Galicia. Da man de Javier Bardanca, o club viviu un proceso de crecemento exponencial desde Segunda Galicia ata consolidarse en Terceira División Nacional.

O preparador acumulará un total de 12 tempadas na # FamiliaSilvista ao termo da presente (2009/10 e 2010/11 en Segunda Galicia, 2011/12 en Primeira Galicia, 2012/13 e 2013/14 en Preferente Galicia, 2014/15, 2015/16, 2016/17, 2017/18, 2018/19, 2019/20 e 2020/21 en 3ª División), polo que este acordo permitiralle iniciar a 12+1ª.

Este acordo, novamente, enmárcase no proceso de crecemento e desenvolvemento da entidade, onde Bardanca desenvolveu, desenvolve e desenvolverá un papel crave. O club, de acordo coas directrices de Javier Bardanca, anunciará en datas posteriores ao fin da competición a composición do corpo técnico da tempada 2021/22.

-Texto e Foto : SD Club Silva

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies