O CLUB SD SANTIAGOTARRAK SUBE O MÁIS ALTO DO PODIO NA COPA DE ESPAÑA DE PIRAGÜISMO CELEBRADA EN DUMBRÍA.

Mariña Suárez na proba dumbriesa.

 

A Sociedad Deportiva Santiagotarrak de Irún se leva a Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom disputada este fin de semán en Dumbría.

O Club Mig Segre de Ponts, e o Atlético San Sebastián secundaron ós irundarras no podium.

O CDM Piragüismo Dumbría foi quen de clasificar a tres deportistas nas finais.

O Campo de Slalom de O Couquiño, situado a pes do Encoro de Fervenza, en Olveira acolleu unhas magnificas xornadas de piragüismo o recibir a Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom, reservada para os mellores cadetes e infantiles da modalidade.

Acudiron clubes de toda a península, tanto españoles coma portugueses, para totalizar un total de 152 saídas deste espectacular deporte.

A xornada do sábado estaba reservada para as clasificatorias, A pesar do ano de sequía, a organización ten que agradecerlle a Xeal a xestión de reservar o caudal de auga necesario para a disputa da proba durante meses, e aínda que non se disputou no nivel de auga doutras edicións, sí que o río presentaba un fantástico nivel de auga dadas as circunstancias. Quén estaba presente e deslucíu muito a xornada das preliminares foi o vento, que non sendo moi habitual no Campo de Slalom do Couquiño esta vez foi o invitado non desexado. Nestas circunstáncias foron tres o deportistas do CDM Piragüismo Dumbría que conseguiron entrar nas finais, Brais Sanchez Cancela, Maríña Suárez e Sara Romar.

A xornada do domingo xa amaneceu sin vento, e permitiu os xoves deportistas dar o seu mellor. Nestas circunstáncias se viu slalom de muito nivel nas augas do Xallas para disfrute do númerosísimo público que se achegou para disfrutar da proba.

O Club Deportivo Santiagotarrak se levou a mellor, por diante do Club Mig Segre de Ponts en Lleida e do Club Atlético San Sebastián que completaron o podium, sendo o Club Quixós de Monforte o mellor club galego clasificado, quinto. En canto a actuación do CDM Piragüismo Dumbría, finalmente se clasificou no noveno posto por clubes. En canto os seus finalistas, Brais Sanchez foi o mellor no C1 cadete masculino, cunha sexta posición final; mentras que as cadetes Mariña Suárez en C1, coma Sara Romar en K1 foron novenas na categoría femenina.

O resto da participación costeira, formada por Xesús Pena, Martín Romar e Xián Caamaño, na categoría cadete, e Marcos González na infantíl, non foron quenes de pasar o corte para entrar nas finais.

-Foto e Texto : CDM Piragüismo Dumbría