O CLUB MONTAÑA QUIXOS GAÑA A COPA GALEGA DE SLALOM EN DUMBRÍA O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA ACADA OITO MEDALLAS, O SEU MELLOR RESULTADO DA TEMPADA.

 

Despois dunha tempada sin acoller competicións por causa da Covid, o campo de slalom de O Couquiño, no río Xallas, volvía a ser a sede dunha competición da Copa Galega de Promoción de Slalom. O día lucía explendido para a disputa da proba, e os 15m3/seg coa que a empresa Xeal colaborou coa organización da proba aportando ó caudal ideal para este tipo de competicións, así coma todo o traballo desenrolado por parte dos operarios do Concello de Dumbría.

A suma de todo, deu lugar a unha preciosa competición onde os máis pequenos dos clubes de slalom de Galicia trataron de emular os seus idolos que compiten en canais de augas bravas. O CDM Piragüismo Dumbría acudía cunha gran representación de padeixeiros, e o seu gran desempeño, logrando sete medallas, os levaba o segundo chanzo do podium, so por detras do Club Montaña Quixos de Monforte de Lemos. Xian Caamaño, do CDM Piragüismo Dumbría, tamén daba a sorpresa, subindo ó podium no K1 infantil masculino.

Entre os medallistas do clube, hai que salientar o desempeño de Xesus Pena Cundíns, que logrou a planta tanto no C1 coma no K1 infantil, so por detras de Jacobo Rodríguez, do Montaña Quixos.

Pola súa banda, na categoría infantil femenina, Sara Fernandez Romar tamén facía o doblete, sendo plata tanto en C1 coma en K1. Aroa Piñeiro en K1 tamén subía ó terceiro chanzo do podium.

As medallas restantes foron logradas polas máis pequenas, con Vega Cives Caamaño e Clara Lopez Piñeiro facendo plata e bronce na categoría prebenxamín, e Clara Mancebo logrando a súa primeira medalla, terceiro posto neste caso, na categoría Benxamín femenina.

A vindeira proba do CDM Piragüismo Dumbría serán os Campionatos de España de Slalom, que terán lugar no canal de slalom de Sabero, en León os vindeiros días 28 e 29 de agosto, onde ademáis a deportista do CDM Piragüismo Dumbría, Sara Fernandez Romar, foi seleccionada xunto cos mellores infantiles de toda España para participar nuna concentración de tecnificación.

-Foto e Texto : CDM Piragüismo Dumbría

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies