O Club ACB Costa da Morte únese á iniciativa solidaria Canastas Contra o Cancro Infantil.

O Club ACB Costa da Morte participará na cuarta edición de Canastas Contra o Cancro Infantil, unha iniciativa promovida pola Fundación Unoentrecienmil co obxectivo de impulsar a investigación do cancro infantil e avanzar cara á súa curación.

O evento solidario celebrarase este sábado no Pazo de Deportes Municipal de Cee, onde distintos equipos do club disputarán varios encontros destinados a recadar fondos para apoiar proxectos de investigación. Cada ano, arredor de 1.600 nenos e nenas en España son diagnosticados con esta enfermidade, unha realidade contra a que a campaña busca loitar a través do deporte e da solidariedade.

Desde o club destacan a importancia de formar parte desta acción: «Sumarnos a Canastas Contra o Cancro Infantil é dar un paso adiante para alcanzar unha cura para esta enfermidade», sinalou o presidente do ACB Costa da Morte.

A Fundación Unoentrecienmil traballa activamente no financiamento de proxectos científicos centrados na curación plena da leucemia infantil, o tipo de cancro máis frecuente na infancia.

Horarios dos partidos solidarios (sábado)

  • Infantil (16:00 h) – ACB Costa da Morte vs Basket Xiria

  • Sénior (18:00 h) – ACB Costa da Morte vs Latabarra

  • Cadete (20:00 h) – ACB Costa da Morte vs Baloncesto Culleredo

Fin de semana de convivencia deportiva internacional

Ademais, a actividade deportiva comezará xa o venres coa visita do CB Sa Cabaneta, procedente de Palma de Mallorca, que se desprazará ata Cee para disputar varios encontros amigables entre equipos de ambas entidades, reforzando así os lazos deportivos e a convivencia entre clubs.

Partidos amigables:

  • Venres 20:30 hSénior masculino: ACB Costa da Morte Negro vs CB Sa Cabaneta “B”

  • Venres 22:00 hSénior masculino: ACB Costa da Morte Blanco vs CB Sa Cabaneta “A”

  • Domingo 12:00 h Sénior feminino: ACB Costa da Morte Feminino vs CB Sa Cabaneta

Desde o ACB Costa da Morte fan un chamamento á participación da veciñanza para apoiar esta causa solidaria: «Únete a nós e apoia aos nenos e nenas que loitan contra o cancro infantil».

O club reafirma así o seu compromiso co deporte como ferramenta de transformación social, combinando competición, solidariedade e concienciación nunha fin de semana marcada polo baloncesto e a colaboración colectiva.

.

-Información e cartel : Prensa ACB Costa da morte

-Texto : Xosé Búa “Pirata”