O CF NOIA CAMPIÓN DO GRUPO 3 DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL, NUNHA PENÚLTIMA XORNADA NA QUE SÓ O XALLAS FC GAÑOU DOS EQUIPOS COSTEIROS.

As noiesas celebraron o seu primeiro título.

 

O CF Noia derrotaba por un contundente 7-1 ao Cacheiras SD e proclemábase campión da 1ª Fase da 2ª División Galega de Fútbol Feminino no seu Grupo 3. As da “Terra do Berberecho” sumaron cos esta a sua 17ª vitoria en 19 encontros disputados, empatando 2 e sen coñecer a derrota. Este é o seu primeiro título de campionas de liga, nunha curta traxectoria de tan só 3 anos dende a sua fundación.

Unha derrota, un empate e duas derrotas das costeiras

A vitoria das de Noia foi beneficiosa para o UD Cerqueda, que a pesares de caer ante o Praiña Sporting Club por 3-2, nun choque no que comezaron gañando pero víronse remontadas polo rival. As ceruqedenses continúan en posto de promoción a puntos co Cacheiras, pero mellor golaveraxe.  Na vindeira semana, que se disputa a derradeira xornada da liga regular as de Cerqueda reciben a un UC Cee que ten asegurada a segunda praza. Unha vitoria das cerquedenses, ou facendo o que fagan as de Cacheiras daríalles o premio da promoción.

O UC Cee non pasaba do empate ante o Victoria FC “C”, un choque no que se adiantaban por medio de María Lijó aos 24 minutos de xogo e que vían como no 65 empataban as santiaguesas por medio de María Santiago. As ceenses despiden a liga no “Xaviña” de Buño ante o UD Cerqueda.

O ED As Miúdas caía ante o SR Calo, por 1-4, nun choque no que as calenses aseguraban a promoción. O gol das muradanas chegaba no 84 por medio de Patri, e supoñía o 1-2, que non daba para agrir o encontro, pois no minuto seguinte chegaba o 1-3, e no descotno o 1-4 definitivo. As muradanas despiden a liga visitando ao Victoria FC “C” no Santa Isabel.

A única vitoria costeira chegaba da man do Xallas FC, que derrotaba por 2-0 ao CD Unión, ambos goles na primeira metade, obra de Olalla, (21´) e Michelle, (34). As xalleiras despiden a liga visitando ao SR Calo no Municipal de Rebordelo.

 

As rapazas foron agasalladas co paseiño de campionas no encontro do equipo senior masculino.

A nosa máis cordial noraboa a tódalas/os que forman o CF Noia Feminino.

 

-Foto : CF Noia

-Texto : piratasdemuxia