Xa non estará o talentoso Raúl Lema, o muxián que tras deslumbrar no RC Deportivo durante 7 anos emprendeu unha nova experienza no Real Madrid. O ano pasado o xogador muxián en edade cadete xogou na Arliña co equipo deportivista, que volve nun amigable de preparación ao campo muxián para enfrontarse aos de Sergio “Pataca” que veñen de proclamerse subcampións da Copa Deputación da Coruña.
O choque será o vindeiro marte 11 de agosto a partires das 19:45 horas, trala resaca do “Mercado das Rutas do Mar” que terán lugar o día 8 e 9. Este será o primeiro encontro dos muxiáns no seu feudo para preparar unha nova tempada na Primeira Galicia, logo virán Bergantiños FC e Pontevedra CF no “XLIII Manolo Martín”, tamén na Arliña, ó 23 de agosto.
–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–
.
AVISO IMPORTANTE
“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os clubes, afeccionados, socios, etc nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos. Poden mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.
