O CF MUXÍA VOLTA A 1ª GALICIA 34 ANOS DESPOIS.

 

Duas veces estivo o CF Muxía na 1ª Rexional, hoxe en día 1ª Galicia. A primeira vez foi na tempada 10987/88, baixou o final desa tempada e voltou a subir o ano seguinte para disputar a tempada 1989/90. Voltou a descender e 34 anos despois na tarde deste Domingo 16 de Xuño do 2024 volvía a ascender.

Traía un 0-2 moi importante do choque de ida da final polo ascensos ante o CF Mazaricos e desta volta na Arliña, Manu Nogueira acadaba aos 25 minutos de xogo un gol que lle poñía moi costa arriba aos mazariquenses darlle a volta a eliminatoria. O final o gol de Manu foi o único que se veu no campo muxián e que fai historia nun clube que supera o medio século de historia.

A nosa máis cordial a tódolos que forman o CF Muxía, xogadores, tecnicos, diretivos, socios, afeccionados e axudantes do clube.

 

 

 

Os xogadores percorreron as rúas de Muxía enriba dun camión para rematar dándose un baño na rampla do porto para logo voltar a Arliña e seguir celebrando o histórico ascenso.

 

-Fotos e vídeos . Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies