O CF MUXÍA TERÁ EQUIPO FILIAL.

 

O CF Muxía ven de anunciarnos que na tempada 2024/25 terá equipo filial que se chamará CF Muxía B e competirá na 3ª Galicia G4, a que nos chemamos 3ª da Costa.  Tamén nos comentan dende a diretiva que siguen na procura de adestrador para o primeiro equipo que ascendeu este pasado exercicio a 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago. A diretiva baralla varias alternativas e podería quedar resolto o posto de adestrador en breve.

No que concerne ao equipo filial, valerá para os rapaces que acaban en idade xuvenil e ademáis fará o clube muxián unha xornada de portas abertas para todos aqueles que se queiran unir o novo proxecto. Para calquer consulta os interesados poderán contacra co clube polas suas redes sociais ou no 637588266.

 

AVISO

No apartado de fichaxes e baixas dos equipos só iremos poñendo os que nos cheguen por medio dos nosos contactos, (email, tlf e whatsapp). Para que non se pense que poñemos uns si e outros non, pois é imposible que nos enteremos de todos.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies