O CF Muxía subcampión da Copa Deputación da Coruña tras caer na final ante o SD Negreira.

CF Muxía 0-4 SD Negreira

A SD Negreira proclamouse campión da Copa Deputación da Coruña tras impoñerse por 0-4 ao CF Muxía nunha final moi disputada na que os muxiáns chegaron vivos ata o treito final e buscando a igualada, pero o cansanzo fixo mella e acabarían encaixando 3 goles en poucos minutos.

O CF Muxía, que chegaba á cita despois dunha excelente tempada como campión da Copa da Costa, e deixou fora na primeira semifinal da Copa Deputación ao SD O Val, (2-0), e plantou cara na final disputada en Miño en todo momento e nunca deixou de insistir, pero estes encontros nesta época fanse moi longos.

-Foto : Pablo Prieto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”