O CF Muxía confirmou a continuidade de Sergio Lema “Pataca” como adestrador do Senior A para a vindeira tempada, na que será a súa terceira campaña consecutiva á fronte do primeiro equipo muxián.
A renovación chega avalada polos excelentes resultados acadados nas dúas últimas campañas, nas que o técnico muxián de Os Muños, conseguiu consolidar ao conxunto da Vila da Barca na Primeira Futgal Grupo 2 e converter ao equipo nun dos referentes da competición.
Durante este período, o CF Muxía alcanzou dúas finais da Copa da Costa, logrando ademais conquistar a derradeira o gañarlle o SCD Malpica por 2-0, un éxito que quedará gravado na historia da entidade. No campionato ligueiro, o equipo mantívose con solvencia na categoría e protagonizou unha destacada tempada 2025/26, rematando nun meritorio sexto posto.
Os números e o rendemento do equipo tamén reflectiron a evolución do proxecto deportivo liderado por Sergio, chegando incluso a compartir o liderado da clasificación en varias xornadas e mantendo vivas as opcións de entrar no play-off de ascenso ata os compases finais da competición.
Desde o club destacan “o traballo, compromiso e capacidade de liderado do adestrador, cualidades que foron determinantes para o crecemento do equipo nestes últimos anos”.
Coa súa continuidade, o CF Muxía aposta pola estabilidade e a ambición como piares fundamentais para seguir medrando, competir ao máximo nivel e afrontar con garantías os retos da próxima tempada. O tecnico muxián curtise nas categorías inferiores do RC Deportivo e no CF Dumbría.
.
Novas de fichaxes, renovacións e demáis
Na época estival, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos, publicaremos os anuncios de fichaxes, renovacións, encontros amigables, torneos, etc…que nos cheguen polas vías de contacto da nosa web, whtsapp, (626 72 00 47), correo electrónico, etc…
.
-Fotomontaxe : CF Muxía
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
