O CF MUXÍA RECIBE UNHA GRAN BANDEIRA COS “CORVIÑOS” NA FIN DE SEMANA NO QUE OS SEUS EQUIPOS RECADARON 1000 EUROS PARA DONAR OS DMNIFICADOS POLA DANA DE VALENCIA.

A filla e fillo de Álvaro Rodríguez entregaron a bandeira o clube muxián.

 

Esta pasada xornada o CF Muxía recibeu a donación dunha nova bandeira de gran tamaño cos “Corviños”, e neste caso susanando un erro que portaban as anteriores, leva a figura de corvos mariños, (cormoráns). O equipo muxián dende fai uns anos é coñecido coma “Os corviños”, gracias a unha peña de afeccionados do clube, leva este nome que ben de moi antigo pois foi o alcume que os camariñáns lle puxeron aos habitantes de Muxía, relacionado con duas pedras que había na entrada da ensenada do porto. Unha quedou soterrada baixo a curva do dique de abrigo e a outra foi minada para evitar naufraxios dos barcos. Sobre estas pedras os corvos de mar descansaban e abrían as ás para secalas o sol e o vento, polo que parecían guerreiros custotiando a entrada o porto. Esto pasou en tempos de piques antre os dous pobos da ría e os muxiáns en resposta chamábanlle os de Camariñas, “carneiros”. Daquela estos alcumes cando eran usados como insulto teñen dado lugar a máis dun enfrontamento, hoxe en día son recordos de outra época que non teñen insignificancia de rivalidade.

 

O presidente do CF Muxía, Juan José Busto,  co novo estandarte do clube.

 

A gran bandeira que recibeu o CF Muxía, foi donada polo restaurante “A Lonxa de Álvaro”, do que fora xogador e presidente do clube, Álvaron Rodríguez, e a sua familia A entrega que a fixeron Valentina e Adrián, (fillos de Álvaro e María), tivo lugar nos prolegómenos do Muxía-Vista Alegre, da Primeira Futgal.

1000 para a axuda  a Comunidade Valenciana

O CF Muxía donou todo o recadado na fin de semana nos encontros dos seus equipos na Arliña a axuda a Comunidade Valenciana, debastada polo paso dunha DANA, (Depresión de Alto Nivel Atmosférico). O clube recadou a cifra de 1000 euros para mandarlle aos que loitan por recuperar a normalidade tras tanta desfeita e desgracia.

Tamén na Cofradía de Muxía houbo unha xuntanza de armadores co novo rexidor muxián, Javier de Vituco e co Patrón Maior, Daniel Castro, para recaudar antre os barcos e as suas tripulacións diñeiro para mandar na axuda aos valencianos. No día de hoxe terán tamén unha xuntanza cos percebeiros. Foron moitos os valencianos que pasaron por Muxía a axudar canfo foi a catástrofe do “Prestige” e de toda persoa é ser agradecido e agora que eles están pasando por un trance peor, todo o que se lle axude será bo.

 

Hoxe en día os corvos sécanse no Muelle de Don Manolo, (foto), enriba das embarcacións ou na rampla. Siguen sendo unha parte da historia de Muxía.

 

-Fotos : CF Muxía

-Texto Xosé Búa “Pirata”