Xogadores e xogadoras ante o Santuario da Barca.
O pasado venres o CF Muxía, acompañado de xogadoras e xogadores dos equipos senior e de varios dos colaboradores, presentou no entorno do Santuario da Nosa Señora da Barca e das Pedras Máxicas, as suas novas indumentarias para a campaña 2023/24 tanto no fútbol masculino coma feminino, un acto ao que estábamos invitados e no que non puidemos estar por motivos laborais. O noso agradecemento a diretiva por acordarse de nós.
No acto estiveron varios dos colaboradores e responsables que estas fermosas indumentarias exclusivas se levasen a cabo. Van adicadas a Nosa Señora da Barca e vai serigrafiado o Santuario, de maneira sutil, máis visible nas negras de porteiro/a. Do equipo masculino da Liga da Costa estiveron : Manu Nogueira, Adrián Alcaina, Peski e Maikel, e do equipo femenino da 3ª División Galega Feminina : Irene Alcaina, Raquel, Ana e Denise. Tralo acto disfrutaron dun “agape” na “Lonxa d´Álvaro”.
Destacar nos colaboradores aos nosos tamén colaboradores, Álvaro da “Lonxa d´Álvaro”, Manolo Martínez de “Renault Os Muiños”, Franches, da Adminitración de lotaría de Muxía “Franches” e Marina Busto, da Peluquería “Marina Busto”. Con eles estiveron tamén, Sandra Vilela, e Bar O Porto. Ademáis colaboran co clube : Máis Deporte, Concello de Muxía, (con representación no acto), a Deputación da Coruña e a RFGF.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Fotos : CF Muxía