O CF Muxía masculino brindará a Copa da Costa aos afeccionados nos prolegómenos do historico encontro do equipo feminino que se xoga o título de liga da 2ª Galega.

 

Mañán Domingo 31 de maio do 2026 o CF Muxía ten unha cita ca historia e que pode quedar marcada por un acto tamén histórico para o clube muxián.

Nos prolegómenos as rapazas faranlle o “pasillo” de campións ao equipo senior masculino que brindará a sua primeira Copa da Costa tras chegar a 3 finais, e que acadou o pasado Domingo o vencer no Irmandiños de Vimianzo ao SCD Malpica por 2-0, choque no que estiveron as rapazas apoiando os seus homónimos.

O choque das muxianas de mañán pode supoñer o primeiro título da sua corta historia tras fundarse fai 3 anos de ledicia en ledicia. Un empate ou un trunfo daranlle o título as “corviñas”, xa que o ascenso a 1ª Galega xa o acadron fai 3 semanas.

Podes ver a nosa previa do historico choque ante o SD San Lázaro premendo AQUÍ, con entrevistas a adesradora Noe Iglesias e ao “tridénte máxico”, Barca Toba, Eva Lema e Patri Romaní.

.

-Foto : Xesús Búa

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”