Raúl Lema no centro da imaxe co 21 ante U.E.A.
O CF Muxía 5º clasificado da Primeira Futgal con 25 puntos, recibirá este vindeiro Domingo 15 de Nadal ao SD Agolada, (16º-12 puntos), no Municipal da Arliña, en principio a partires das 16:00 horas. O choque correspondente a 15ª xornada de liga valeralle ao equipo da Vila da Barca para facerlle unha homenaxe ao xove xogador de Muxía, Raúl Lema, que ven de cumplir un hito para o fútbol muxián e da Costa da Morte habendo sido convocado para 3 amistosos da Selección Española Sub 15 e con 13 anos.
Raúl foi partícipa da vitoria dos tres encontros que se xogaron fai pouco máis dunha semana en Alfaz de Pi, (Alacante), participou activamente nos 3 encontros, sendo titular en dous deles e dando asistencias no trunfo por 1-0 ante Marruecos e na vitoria sobre Emiratos Árabes, (2-0), tamén participou na goleada sobre México, (4-0), que foi a que iniciou o s amigables e que foi o seu debut na nacional Sub 15.
O xove xogador, que o pasado día 3 de Nadal cumplía 14 anos, está enrolado nas filas do RC Deportivo xogando no Cadete de segundo ano, (a pesares de selo de primeiro), co San Tirso, clube asociado ao coruñés. O motivo é que se curta con xogadores de máis edade, como xa o ven facendo dende que chegou o clube deportivista na edade de benxamín.
Raúl fará o saque de honra no encontro dos muxiáns ante os agoladenses e será homenaxeado polos seus veciños que desexan moi pronto velo co Depor militando no fútbol profesional. Non é cousa descabezada pois de nada que cumpla os 15 anos poderá xa formar parte dos xuvenís. Proba disto Pablo García, lateral dereito de 16 anos que xa xoga no Fabril e que fixo a pretempada co Depor, e xa estivo adestrando o ano pasado co primeiro equipo.
-Foto : Captura vídeo piratasdemuxia
-Texto . Xosé Búa “Pirata”